Política de Cookies

AVISO DE COOKIES

Esta páxina web usa cookies

As cookies deste sitio web poden usarse para personalizar o contigo e os anuncios, ofrecer funcións de redes socias e analizar o tráfico. Ademáis, compartimos información sobre o uso que faga do sitio web cos nosos partners de redes sociais, publicidade e análise web, os cais poden combinala con outra información que se proporcionara ou se recopilara a partir do uso que fixera dos seus servicios.

DEFINICIÓN DE COOKIES

As cookies son identificadores que enviamos ao disco duro do seu ordenador a través do seu navegador web co fin de que os nosos sistemas poidan recoñecer o seu navegador e ofrecerlle certos servizos.

Esta páxina utiliza tipos diferentes de cookies. Algunhas cookies son colocadas por servizos de terceiros que aparecen nas nosas páxinas.

A continuación, indicamos as cookies que utiliza a páxina www.valentinafilm.es.

COOKIES UTILIZADAS

Cookies necesarias

As cookies necesarias axudan a facer unha páxina web utilizable activando funcións básicas como a navegación na páxina e o acceso a áreas seguras da páxina web. A páxina web non pode funcionar adecuadamente sin estas cookies.

Nome Proveedor Propósito Caducidade
cookie-agreed WordPress Saber si por exemplo o usuario aceptou a advertencia das cookies 3 meses
wordpress_test_cookie WordPress Comproba e garda si as cookies están activadas no navegador Sesión
viewed_cookie_policy Plugin GRPD WordPress É a cookie principal que rexistra o consentimiento do usuario para o uso das cookies ao “aceptar” e “rechazar”. Non rastrea ningún dato persoal e establecese so no momento da acción do usuario (aceptar/rechazar) Sesión
CookieLawInfoConsent Plugin GRPD WordPress Rexistra o estado do botón por defecto da categoría correspondente e o estado da CCPA. So funciona en coordinación ca cookie principal Sesión
cookielawinfo-checkbox-necessary Plugin GRPD WordPress Rexistra o estado do botón por defecto da categoría correspondente. So funciona en coordinación ca cookie principal Sesión
cookielawinfo-checkbox-non-necessary Plugin GRPD WordPress Rexistra o estado do botón por defecto da categoría correspondente. So funciona en coordinación ca cookie principal Sesión

COOKIES DE ESTADÍSTICAS

Cookies non necesarias

As cookies estadísticas axudan aos propietarios de páxinas web a comprender cómo interactúan os visitantes cas páxinas web reunindo e proporcionando información de forma anónima.

Para deshabilitar as cookies de Google Analytics, podes instalar o complemento inhabilitación para navegadores de Google Analytics que lle permitirá non mandar información estadística.

Nome Proveedor Propósito Caducidade
_ga Google Analytics Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estadísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web 2 anos
_gid Google Analytics Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estadísticos acerca de como utiliza o visitante o sitio web 1 día
_gat Google Analytics Usa para limitar o porcentaxe de solicitudes Cookie de sesión

Como habilitar / deshabilitar as cookies nos principais navegadores:

Normalmente é posible deixar de aceptar as cookies do navegador, ou deixar de aceptar as cookies dun Servizo en particular.

Todos os navegadores actuais, permiten cambiar a configuración de cookies. Estos axustes atopanse normalmente nas “opcións” ou “preferencias” do menú do seu navegador. Asimesmo, poden configurar o seu navegador ou o seu xestor de correo electrónico.

A continuación, ofrecese orientación ao usuario sobre os pasos para acceder a menú de configuración das cookies e, no seu caso, da navegación privada en cada un dos navegadores principais:

Internet Explorer: Herramientas -> Opcións de Internet -> Privacidade -> Configuración. Para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft o la Ayuda do navegador.

Firefox: Ferramentas -> Opcións -> Privacidade -> Historial -> Configuración Personalizada. Para máis información, pode consultar o soporte de Mozilla ou a Axuda do navegador.

Chrome: Configuración -> Mostrar opcións avanzadas -> Privacidade -> Configuración de contidoc. Para máis información, pode consultar o soporte de Google ou a Axuda do navegador.

Safari: Preferencias -> Seguridade. Para máis información, pode consultar o soporte de Apple ou a Ayuda do navegador.

¿Qué ocurre cando se deshabilitan as cookies?

Algunhas funcionalidades dos Servicios quedarán deshabilitadas como, por exemplo, permanecer identificado, manter as compras no “carrito da compra”, etc.

Valentina

Emilio Aragón

O seu indiscutible talento para chegar ao público infantil coas súas pegadizas melodías e divertidas letras volve a pórse de manifesto na canción que compuxo para a película: ES ESPECIAL. A súa capacidade de empatía coa infancia será sen dubida un valor engadido para que todo o mundo coñeza o aprendizaxe de Valentina.

Nani García

Co-responsable da banda sonora orixinal de Unha muller fantástica, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa en 2017, e compositor da partitura dunha lista infinita de longametraxes, series de televisión, documentais e proxectos culturais premiados por todo o mundo, Nani García compuxo e dirixiu a partitura da música que levará a Valentina pola súa fantástica viaxe.

David Pintor

VALENTINA ten un deseño sinxelo e adecuado ao público preschool, pero coidado ata o mínimo detalle, cunha clara personalidade e chea de cor. O encargado de crear este mundo gráfico é David Pintor, ilustrador cunha longa lista de premios internacionais con máis de setenta libros publicados en varios idiomas. O artista foi capaz de reflectir a identidade e as características físicas da protagonista cos mínimos elementos e con unha carismática forza visual.

Chelo Loureiro

VALENTINA é a ópera prima como directora desta veterana produtora que durante décadas foi dando forma a proxectos de animación e imaxe real xunto a recoñecidos nomes como Miguelanxo PradoAlberto Vázquez, José Saramago, Isabel HergueraJorge Coira e un longo etcétera. As súas producións, nas que a miúdo exerceu unha intensa labor creativa, acadaron gran cantidade de galardóns —incluídos varios premios e nominacións aos Goya— e así como en festivais de todo o mundo como CannesLocarno ou Annecy.

Torre

É moi curiosa, gústalle aprender e fíxase moito noutras persoas para que non se lle escape nin unha. É unha fan potencial e imita o que lle gusta, pero non quere chamar a atención, faino para ela e coa ilusión de mellorar.

Alfil

É tímido e mooooi alérxico, sempre espirra cando menos convén: cando tenta pasar desapercibido, cando tenta falar, cando se concentra para facer o seu mellor número de circo… non pode evitalo! Moitas veces provoca as risas ou reproches dos seus compañeiros, pero el nunca se incomoda. Total, non paga a pena.

Peóns

Son moitos e toleiróns. Cando falan, fano a coro, aínda que sen a harmonía que podería esperarse. Pero tamén amosan unha gran xenerosidade e sempre tentan ser útiles (algo que conseguen en poucas ocasións…).

Cabalo

É tremendamente cándido. Tamén o máis pequeno do taboleiro, entusiasta, divertido e impulsivo. O que quere é enredar e que todo o mundo ao sei redor estea feliz. Moitas veces se equivoca por actuar antes de pensar e sorprende con ocorrencias inesperadas que causan risa. Sabe que moitas veces mete a pata, pero non é capaz de conterse. E ante as risas de quen o rodea nunca se cohibe, séntese querido e respectado, e está sempre disposto a axudar a Valentina en todo canto se propoña.

Rei e Raiña

Son as fichas máis solemnes do Xadrez, ese xogo co que Valentina e a Avoa poden pasar tardes enteiras cando a choiva impide saír ao parque. Son responsables e racionais. Cumpren a función de pais de Valentina cando está soñando. Saben máis do que din e anímana e axúdana a descubrir os seus potenciais por si mesma. Lideran o taboleiro de xadrez e tentan poñer algo de orde entre as súas caóticas e aloucadas pezas. Pero tamén son alegres e non dubidan en cantar e bailar coma o resto ou embarcarse en fantásticas aventuras para acompañar a Valentina. Son un binomio, moitas veces Rei remata a frase que comeza Raíña e viceversa. A súa palabra favorita é ‘naturalmente’.

Mamá e papá

Son, simplemente, Mamá e Papá. Queren o mellor para Valentina e quizais a protexeron sempre demasiado, pero cren nela e no seu potencial. Teñen medo a que sufra e non saben como contarlle que a Avoa marchou de viaxe… moi lonxe. Para a súa sorpresa, Valentina contaralles que a Avoa está moi feliz. E que ela xa é maior… Saberán acompañala?

Chiqui

É o mellor amigo de Valentina. Cando está triste, Valentina chámao cunha canción para que a console. Ela sabe que todo o mundo cre que é imaxinario, pero non levan razón… é que non lle cantan! É un pequeno rato mudo e xogueteiro, pero sobre todo comellón. Cre cegamente en Valentina e é capaz de facer calquera cousa para arrincarlle unha gargallada. É un pouco medorento, pero sinte que fai un equipo invencible a carón dela. A súa canción favorita é Es especial, mesmo se diría que está escrita para eles! Por iso sempre que a escoita aparece e ponse a bailar… ata que aparece un adulto e agocha!

A Avoa

Depréndelle todo a Valentina da maneira máis divertida: cantando. Non para de cantar! Considera que todo é posible se teimamos en acadalo. Soña con chegar a ser directora de orquestra e, de feito, conseguirao cando chegue a ”O País dos que Nunca Esquecemos”! Pero antes de marchar tentará transmitir a Valentina a súa filosofía de vida: todo é unha cuestión de actitude. Alegría, perseveranza —e moita paixón!— son as claves do éxito. O seu maior orgullo é ter deixado a Valentina un legado de xogos, ocorrencias e, sobre todo, de cancións.

Valentina

Soñadora, alegre, inocente. Ten síndrome de Down e iso faina sentir insegura. Coa Avoa ten unha relación moi especial, admíraa pola súa actitude vitalista, aínda que non sabería poñelo en palabras. A aventura que vai emprender fará que medre a todos os niveis, e comprobará que sabe e pode elixir as cousas que quere. Tamén que as persoas queridas teñen que marchar a cumprir os seus soños para que as demais poidan cumprir os seus. E que ter síndrome de Down é o que a fai ser quen é: unha nena feliz.

Ficha técnica

Título: Valentina

Xénero:  Aventura – Musical

Público: 3 a 7 anos – Familiar

Técnica: Animación 3D, 2D

Duración: 65 min

Ano de produción: 2021

Idiomas: Galego (V.O.) – Castelán

Dirección: Chelo Loureiro

Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro

Música: Nani García, Emilio Aragón

Deseño de persoaxes e fondos: David Pintor

Estudo de animación: Antaruxa

Voces: María Manuela, Andrés Suárez, Coke Couto, Uxía, Pilocha, Lúa Testa, Helga Méndez, Charo Pena

Produción executiva: Chelo Loureiro

Productoras: Abano Producións, Antaruxa, El Gatoverde Producións

Coa participación de: TVG, TVE

Co apoio de: ICAA, AGADIC (Xunta de Galicia)

Distribuidora de cine: Super8