Copyright

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E, provista do CIF núm. V-70615844, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, con domicilio social en Culleredo (A Coruña) (España), Avenida Xoán Carlos I, Nº 18-6ºB, código postal 15670, é a titular e responsable do sitio web www.valentinafilm.es

Toda marca ou signo distintivo presente no sitio web corresponde a VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E., directamente ou ben a un terceiro que é o seu lexítimo titular. Por iso, VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. foi licenciada ou foi autorizada por estes lexítimos titulares para incorporar estes elementos no seu sitio web www.valentinafilm.es

Todo o contido do sitio web www.valentinafilm.es incluíndo, entre outros, informacións, mensaxes, entrevistas, opinións, comentarios, textos, extractos, debuxos, esbozos, gráficos, nomes, nomes artísticos, títulos de obras audiovisuais, arquivos de son e/ou imaxe, películas, trailers, vídeos, podcasts, audiolibros, fotografías, imaxes, ilustracións, software, programación, feel & look, marcas, logos, QR e outros signos distintivos son propiedade de ABANO PRODUCIÓNS ou dos seus lexítimos titulares. Queda totalmente prohibido calquera acto de reprodución, distribución, comunicación pública ou ao público, posta a disposición do público, transformación e, igualmente, as modalidades de explotación dos mesmos, en calquera tipo de formato en liña ou off line, debéndose de solicitar a correspondente autorización expresa por escrito, segundo proceda a VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. ou ao seu lexítimo titular, dirixindo unha carta á seguinte dirección postal: VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E., Avenida Xoán Carlos I, 18-6ºB 15670 Culleredo (A Coruña) e, no resto de casos, aos propietarios por cuxo contido se teña interese, sen que VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. teña ningunha obrigación de facilitar datos de contacto destes propietarios.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. Todos os dereitos reservados, 2021

© VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.

Valentina

Emilio Aragón

O seu indiscutible talento para chegar ao público infantil coas súas pegadizas melodías e divertidas letras volve a pórse de manifesto na canción que compuxo para a película: ES ESPECIAL. A súa capacidade de empatía coa infancia será sen dubida un valor engadido para que todo o mundo coñeza o aprendizaxe de Valentina.

Nani García

Co-responsable da banda sonora orixinal de Unha muller fantástica, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa en 2017, e compositor da partitura dunha lista infinita de longametraxes, series de televisión, documentais e proxectos culturais premiados por todo o mundo, Nani García compuxo e dirixiu a partitura da música que levará a Valentina pola súa fantástica viaxe.

David Pintor

VALENTINA ten un deseño sinxelo e adecuado ao público preschool, pero coidado ata o mínimo detalle, cunha clara personalidade e chea de cor. O encargado de crear este mundo gráfico é David Pintor, ilustrador cunha longa lista de premios internacionais con máis de setenta libros publicados en varios idiomas. O artista foi capaz de reflectir a identidade e as características físicas da protagonista cos mínimos elementos e con unha carismática forza visual.

Chelo Loureiro

VALENTINA é a ópera prima como directora desta veterana produtora que durante décadas foi dando forma a proxectos de animación e imaxe real xunto a recoñecidos nomes como Miguelanxo PradoAlberto Vázquez, José Saramago, Isabel HergueraJorge Coira e un longo etcétera. As súas producións, nas que a miúdo exerceu unha intensa labor creativa, acadaron gran cantidade de galardóns —incluídos varios premios e nominacións aos Goya— e así como en festivais de todo o mundo como CannesLocarno ou Annecy.

Torre

É moi curiosa, gústalle aprender e fíxase moito noutras persoas para que non se lle escape nin unha. É unha fan potencial e imita o que lle gusta, pero non quere chamar a atención, faino para ela e coa ilusión de mellorar.

Alfil

É tímido e mooooi alérxico, sempre espirra cando menos convén: cando tenta pasar desapercibido, cando tenta falar, cando se concentra para facer o seu mellor número de circo… non pode evitalo! Moitas veces provoca as risas ou reproches dos seus compañeiros, pero el nunca se incomoda. Total, non paga a pena.

Peóns

Son moitos e toleiróns. Cando falan, fano a coro, aínda que sen a harmonía que podería esperarse. Pero tamén amosan unha gran xenerosidade e sempre tentan ser útiles (algo que conseguen en poucas ocasións…).

Cabalo

É tremendamente cándido. Tamén o máis pequeno do taboleiro, entusiasta, divertido e impulsivo. O que quere é enredar e que todo o mundo ao sei redor estea feliz. Moitas veces se equivoca por actuar antes de pensar e sorprende con ocorrencias inesperadas que causan risa. Sabe que moitas veces mete a pata, pero non é capaz de conterse. E ante as risas de quen o rodea nunca se cohibe, séntese querido e respectado, e está sempre disposto a axudar a Valentina en todo canto se propoña.

Rei e Raiña

Son as fichas máis solemnes do Xadrez, ese xogo co que Valentina e a Avoa poden pasar tardes enteiras cando a choiva impide saír ao parque. Son responsables e racionais. Cumpren a función de pais de Valentina cando está soñando. Saben máis do que din e anímana e axúdana a descubrir os seus potenciais por si mesma. Lideran o taboleiro de xadrez e tentan poñer algo de orde entre as súas caóticas e aloucadas pezas. Pero tamén son alegres e non dubidan en cantar e bailar coma o resto ou embarcarse en fantásticas aventuras para acompañar a Valentina. Son un binomio, moitas veces Rei remata a frase que comeza Raíña e viceversa. A súa palabra favorita é ‘naturalmente’.

Mamá e papá

Son, simplemente, Mamá e Papá. Queren o mellor para Valentina e quizais a protexeron sempre demasiado, pero cren nela e no seu potencial. Teñen medo a que sufra e non saben como contarlle que a Avoa marchou de viaxe… moi lonxe. Para a súa sorpresa, Valentina contaralles que a Avoa está moi feliz. E que ela xa é maior… Saberán acompañala?

Chiqui

É o mellor amigo de Valentina. Cando está triste, Valentina chámao cunha canción para que a console. Ela sabe que todo o mundo cre que é imaxinario, pero non levan razón… é que non lle cantan! É un pequeno rato mudo e xogueteiro, pero sobre todo comellón. Cre cegamente en Valentina e é capaz de facer calquera cousa para arrincarlle unha gargallada. É un pouco medorento, pero sinte que fai un equipo invencible a carón dela. A súa canción favorita é Es especial, mesmo se diría que está escrita para eles! Por iso sempre que a escoita aparece e ponse a bailar… ata que aparece un adulto e agocha!

A Avoa

Depréndelle todo a Valentina da maneira máis divertida: cantando. Non para de cantar! Considera que todo é posible se teimamos en acadalo. Soña con chegar a ser directora de orquestra e, de feito, conseguirao cando chegue a ”O País dos que Nunca Esquecemos”! Pero antes de marchar tentará transmitir a Valentina a súa filosofía de vida: todo é unha cuestión de actitude. Alegría, perseveranza —e moita paixón!— son as claves do éxito. O seu maior orgullo é ter deixado a Valentina un legado de xogos, ocorrencias e, sobre todo, de cancións.

Valentina

Soñadora, alegre, inocente. Ten síndrome de Down e iso faina sentir insegura. Coa Avoa ten unha relación moi especial, admíraa pola súa actitude vitalista, aínda que non sabería poñelo en palabras. A aventura que vai emprender fará que medre a todos os niveis, e comprobará que sabe e pode elixir as cousas que quere. Tamén que as persoas queridas teñen que marchar a cumprir os seus soños para que as demais poidan cumprir os seus. E que ter síndrome de Down é o que a fai ser quen é: unha nena feliz.

Ficha técnica

Título: Valentina

Xénero:  Aventura – Musical

Público: 3 a 7 anos – Familiar

Técnica: Animación 3D, 2D

Duración: 65 min

Ano de produción: 2021

Idiomas: Galego (V.O.) – Castelán

Dirección: Chelo Loureiro

Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro

Música: Nani García, Emilio Aragón

Deseño de persoaxes e fondos: David Pintor

Estudo de animación: Antaruxa

Voces: María Manuela, Andrés Suárez, Coke Couto, Uxía, Pilocha, Lúa Testa, Helga Méndez, Charo Pena

Produción executiva: Chelo Loureiro

Productoras: Abano Producións, Antaruxa, El Gatoverde Producións

Coa participación de: TVG, TVE

Co apoio de: ICAA, AGADIC (Xunta de Galicia)

Distribuidora de cine: Super8