Condicións Xerais

CONDICIÓNS XERAIS

RESPONSABLE
Responsable E titular: VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. (en diante, VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.)
Sitio web: www.valentinafilm.es (en diante, SITIO WEB)
Domicilio: Avenida Xoán Carlos I, 18-6ºB 15670 Culleredo A Coruña
CIF: V-70615844
Domicilio: VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.
Datos mercantis rexistrados: Escritura de fecha 8/4/2020. Inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 3.718, Folio 135, Hoja C-59.527, Incripción 1ª
Teléfono de contacto: 981 330677
E-mail de contacto: valentinalapelicula@gmail.com

FINALIDAD

www.valentinafilm.es é unha páxina destinada a informar sobre a película infantil de animación, VALENTINA, producida por VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. Desde a propia páxina web habilítase un formulario de contacto para que os usuarios poidan expor as súas consultas. Así mesmo, dende www.valentinafilm.es os usuarios poderán acceder a propostas de contidos e actividades dirixidas a pais/nais e educadores para realizar cos seus fillos/as e alumnos/as.

Dende o mesmo formulario de contacto haberá habilitada unha aplicación para que os pais/nais poidan subir debuxos realizados polos seus fillos que poderán publicarse en www.valentinafilm.es, segundo as presentes Condicións Xerais.

 1) CONDICIÓNS XERAIS

Estas Condicións Xerais regulan o funcionamento de servizos do sitio www.valentinafilm.es que VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. pon a disposición dos usuarios. O SITIO WEB informa sobre a película infantil de animación, VALENTINA, producida pola produtora VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. e convida os usuarios a consultar contidos relacionados coa película, a súa historia, protagonista e personaxes.

O SITIO WEB está dirixido a pais e nais de fillos menores de 7 anos, así como a profesores de educación infantil e de educación especial que, vendo ou non, a película desexan dispor de contidos e informacións sobre a Síndrome de Down para utilizalos como recursos educativos e formativos para os seus fillos/as e alumnos/as, respectivamente.

A película versa sobre Valentina, unha nena con Síndrome de Down que sabe crecer e atopar o seu lugar a pesar das limitacións iniciais. Con tesón e confianza a pequena verá realizados os seus soños.

A utilización do sitio web atribúe a condición de usuario e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais. Se o usuario non está de acordo coas presentes Condicións Xerais, non terá dereito a utilizar o SITIO WEB nin os servizos que se ofrecen.

2) ACCESO E USO DO SITIO WEB É GRATUÍTO

A prestación dos servizos do SITIO WEB por parte de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E ao usuario ten carácter gratuíto e non esixe a previa subscrición nin rexistro. No suposto que o usuario desexase expor unha consulta a VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E, poderao facer cumprimentado previamente o formulario Contacto. Igualmente, a través deste mesmo formulario o usuario que se rexistre poderá subir debuxos do seu fillo/a que poderán ser publicados no SITIO WEB, segundo os requisitos das presentes Condicións Xerais.

O acceso aos contidos formativos e educativos é tamén gratuíto aínda que en caso de uso dos mesmos, VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E solicita que se indique que se obtiveron de www.valentinafilm.es de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. Está totalmente prohibido levar a cabo unha explotación lucrativa dos contidos formativos e educativos que poidan obterse de www.valentinafilm.es .

3) MODIFICACIÓNS NO SITIO WEB E OS SERVIZOS

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. resérvase o dereito a modificar unilateralmente e, en calquera momento, sen previo aviso, a presentación ou configuración do SITIO WEB, así como dos servizos e das presentes Condicións Xerais. Ditas modificacións serán para mellorar os servizos ao usuario, segundo as tendencias de mercado, mellorar e/ou actualizar o SITIO WEB e/ou adecuarse á normativa aplicable en cada momento. No suposto que a modificación poida comportar un impacto importante para os usuarios no que se refire aos seus dereitos e obrigacións, estes serán informados debidamente e previamente.

4) USO CORRECTO DO SITIO WEB E OS SEUS SERVIZOS

O usuario comprométese a utilizar o SITIO WEB, os contidos e os servizos de conformidade á Lei, ás presentes Condicións Xerais, ás boas costumes e á orde pública. Da mesma forma, o usuario obrígase a non utilizar o sitio www.valentinafilm.es , o contido e os servizos que se ofrecen neste con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao contido destas Condicións Xerais, lesivas dos dereitos e intereses de terceiros ou, que de calquera forma, poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o SITIO WEB, o seu contido ou os servizos ou impedir a normal utilización ou goce do SITIO WEB por outros usuarios.

O usuario deberá absterse de obter informacións, mensaxes, entrevistas, opinións, comentarios, textos, extractos, debuxos, esbozos, gráficos, nomes, nomes artísticos, títulos de obras audiovisuais, arquivos de son e/ou imaxe, películas, trailers, vídeos, podcasts, audiolibros, fotografías, imaxes, ilustracións, software, programación, feel & look, marcas, logos, QR e outros signos distintivos e, en xeral, calquera clase de material accesible a través do SITIO WEB ou dos servizos, empregando para iso medios distintos dos que se puxeron á súa disposición ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet.

O usuario deberá absterse de manipular datos identificativos de VALENTINA LA PELÍUCULA A.I.E., así como do contido e dos servizos que se ofrecen no SITIO WEB www.valentinafilm.es.

O usuario deberá absterse de manipular os dispositivos técnicos de protección de contidos ou de información, e en xeral de configuración dos espazos do SITIO WEB www.valentinafilm.es.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. resérvase o dereito de denegar o acceso á páxina web www.valentinafilm.es en calquera momento e sen necesidade de previo aviso a aqueles usuarios que incumpran estas Condicións Xerais.

5) POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Sempre que o usuario facilite os seus datos persoais a VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E., incluídos o nome e a idade do seu fillo/a menor de idade, este consente o tratamento dos mesmos nos termos que se detallan no correspondente Aviso Legal de Política de Privacidade que estará asociado ao formulario de solicitude de datos. Devandito Aviso Legal deberá ser aceptado con VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.

Con carácter xeral, cando un usuario facilita os seus datos persoais a través do SITIO WEB, VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. trátaos e incorpora nos procesos de tratamento de datos de responsabilidade de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. cuxa finalidade será a indicada en cada momento a través do pertinente Aviso Legal de Política de Privacidade. A Política de Privacidade aplicada por VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. está suxeita ao Regulamento Xeral 2016/679, 27 de abril 2016 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos, RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD).

O usuario pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión (esquecemento), oposición, limitación e portabilidade dos datos contidos no devandito tratamento. Para iso, rogamos o comuníque mediante unha mensaxe de correo electrónico á dirección valentinalapelicula@gmail.com indicando no asunto da mensaxe a referencia “Protección de Datos”. O usuario deberá achegar a documentación acreditativa da súa identidade.

Os datos serán conservados mentres se desenvolva a finalidade pola que foron comunicados ou mentres estea vixente o consentimento do seu titular. De cancelarse o consentimento ou ben terminarse a finalidade, os datos serán conservados ata que prescriban as obrigacións legais que poidan aplicarse sobre estes. Vencidas as mesmas os datos serán borrados dos sistemas de tratamento.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. garante que tratará confidencialmente os seus datos persoais e que os sistemas de tratamento de datos atópanse todos situados na Unión Europea.

A Autoridade de Control competente en materia de protección de datos é Axencia Española de Protección de Datos, c/ Jorge Juan, nº 6, Madrid, 28001.

6) LIMITACIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADES

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no seu sistema informático (software e hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático e/ou dispositivos móbiles. VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á presenza de virus ou á presenza doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no seu sistema informático, dispositivos móbiles, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. fará o posible para garantir a seguridade da información que sexa facilitada polos usuarios. No entanto, non pode garantir que as transmisións de información sexan totalmente seguras.

Sen prexuízo dos niveis de seguridade de protección, a instalación de todos os medios e medidas técnicas ao alcance de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos facilitados, o usuario sabe e coñece que a seguridade na contorna de Internet non pode ser garantida ao cento por cento.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda índole que poidan deberse á falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos do sitio web www.valentinafilm.es.

No suposto de formularios nos que o usuario poida realizar comentarios, consultas e mesmo subir debuxos do seu fillo/filla menor de idade, debe saber que non deberá incluír nos comentarios nin debuxos nin mensaxes nin imaxes nin representacións, entre outros, que atenten ou sexan susceptibles de atentar contra a moral, a ética, o bo gusto ou o decoro, nin que infrinxan, violen ou conculquen os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, e debemos advertirlle das consecuencias e responsabilidades nas que pode incorrer se realiza un uso ilícito ou fraudulento dos formularios.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. declina toda responsabilidade sobre as consecuencias que a exhibición voluntaria, consentida e deliberada por parte do usuario dos seus comentarios e debuxos dos/as menores poidan comportarlle a si mesmo, ao/á menor, á súa familia, amizades e/ou achegados, ou a outras terceiras persoas, ou da difusión ou exhibición dos mesmos pola súa banda ou por terceiros, ou a súa reprodución, mesmo noutras páxinas web, blogs, redes sociais ou en calquera outro medio, soporte ou modalidade de explotación dixital ou non, online ou off line.

7) DEREITOS DE AUTOR, PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

a) Do SITIO WEB
Todos os contidos do SITIO WEB www.valentinafilm.es son de propiedade exclusiva e mundial de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. incluíndo, sen limitación, informacións, mensaxes, entrevistas, opinións, comentarios, textos, extractos, debuxos, esbozos, gráficos, nomes, nomes artísticos, títulos de obras audiovisuais, arquivos de son e/ou imaxe, películas, trailers, vídeos, podcasts, audiolibros, fotografías, imaxes, ilustracións, software, programación, feel & look, marcas, logos, QR e outros signos distintivos, en calquera das linguaxes de programación utilizados ou utilizables, así como todo o software de funcionamento e desenvolvemento do SITIO WEB. A reprodución, distribución, comunicación ao público, posta a disposición ao público, cesión e calquera outro acto ou modalidade de explotación que non fose expresamente autorizado pola titular dos dereitos de explotación quedan expresamente prohibidos.

VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co SITIO WEB e os servizos ofrecidos.

Os contidos formativos e educativos que poidan descargarse sen ningunha contraprestación nin solicitude previa de autorización estarán debidamente sinalados. O acceso aos contidos formativos e educativos é tamén gratuíto si ben en caso de uso dos mesmos, VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. solicita que se indique que se obtiveron de www.valentinafilm.es de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. Está totalmente prohibido levar a cabo unha explotación lucrativa dos contidos formativos e educativos que poidan obterse de www.valentinafilm.es

Todas as marcas e denominacións de servizos que aparecen no sitio web www.valentinafilm.es, son marcas rexistradas e de propiedade de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.. No resto dos casos son marcas licenciadas polos seus titulares lexítimos.

b) Dos debuxos dos usuarios

Os debuxos que de forma voluntaria poidan subir os pais/nais dun/a menor idade deben gozar de todos os dereitos de propiedade intelectual e estar libres de calquera carga, gravame ou contratos con terceiros. VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. actuará de inmediato ante unha denuncia ou unha sospeita de que poidan estar a se producir infraccións dos dereitos de propiedade intelectual, ou ante calquera contido que poida considerarse inadecuado e procederá a eliminalo inmediatamente, podendo solicitar o bloqueo permanente do usuario infractor. Por tanto, o usuario responderá directamente, mantendo a VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. indemne, ante calquera reclamación, queixa ou demanda de terceiros en relación á vulneración ou infracción dos posibles dereitos que puidesen derivarse de materiais que un usuario subise. Os debuxos permanecerán publicados temporalmente e serán substituídos por debuxos doutros usuarios.

Desde o mesmo momento en que se publica un debuxo en www.valentinafilm.es, VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. non ofrece ningunha garantía respecto do uso que dos mesmos fagan terceiras persoas, incluídas persoas físicas e/ou xurídicas tanto privadas como públicas. En consecuencia, o pai/nai do/a menor que sexa autor/a de o debuxo exhonera a VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E. de todas as consecuencias, efectos e secuelas que se sucedan coa publicación do debuxo.

8) REDES SOCIAIS E OUTROS LINKS

Dende o SITIO WEB, o usuario interesado pode acceder a publicacións de Facebook, Vimeo, etc de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.. Con todo, a información publicada a través destas redes sociais está suxeita ás normas establecidas polas propias redes sociais e o usuario deberá rexerse polas Normas da Comunidade de cada rede. As presentes Condicións Xerais unicamente regulan o contido SITIO WEB www.valentinafilm.es .

Calquera outro ligazón do SITIO WEB que redirixa ao usuario a outro sitio web que non sexa www.valentinafilm.es non é responsabilidade de VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E.. Estas ligazóns están no SITIO WEB con carácter meramente informativo, pero quedan á discrecionalidade do usuario clicar neles e consultar estoutros sitios web.

9) NAVEGACIÓN CON COOKIES

Que son as cookies?

As cookies son arquivos que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web e compren un papel fundamental na prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

As cookies que se utilizan en www.valentinafilm.es poden consultarse en Política de cookies.

9) LEI E XURISDICCIÓN

As presentes Condicións Xerais, así como calquera relación entre vostede como Usuario e VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E., rexeranse pola lexislación española.

Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia ou contido destas Condicións Xerais ou das relacións entre o Usuario e VALENTINA LA PELÍCULA A.I.E., ambas as partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidese corresponder, sométense expresamente á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais da Cidade do Ferrol.

Valentina

Emilio Aragón

O seu indiscutible talento para chegar ao público infantil coas súas pegadizas melodías e divertidas letras volve a pórse de manifesto na canción que compuxo para a película: ES ESPECIAL. A súa capacidade de empatía coa infancia será sen dubida un valor engadido para que todo o mundo coñeza o aprendizaxe de Valentina.

Nani García

Co-responsable da banda sonora orixinal de Unha muller fantástica, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa en 2017, e compositor da partitura dunha lista infinita de longametraxes, series de televisión, documentais e proxectos culturais premiados por todo o mundo, Nani García compuxo e dirixiu a partitura da música que levará a Valentina pola súa fantástica viaxe.

David Pintor

VALENTINA ten un deseño sinxelo e adecuado ao público preschool, pero coidado ata o mínimo detalle, cunha clara personalidade e chea de cor. O encargado de crear este mundo gráfico é David Pintor, ilustrador cunha longa lista de premios internacionais con máis de setenta libros publicados en varios idiomas. O artista foi capaz de reflectir a identidade e as características físicas da protagonista cos mínimos elementos e con unha carismática forza visual.

Chelo Loureiro

VALENTINA é a ópera prima como directora desta veterana produtora que durante décadas foi dando forma a proxectos de animación e imaxe real xunto a recoñecidos nomes como Miguelanxo PradoAlberto Vázquez, José Saramago, Isabel HergueraJorge Coira e un longo etcétera. As súas producións, nas que a miúdo exerceu unha intensa labor creativa, acadaron gran cantidade de galardóns —incluídos varios premios e nominacións aos Goya— e así como en festivais de todo o mundo como CannesLocarno ou Annecy.

Torre

É moi curiosa, gústalle aprender e fíxase moito noutras persoas para que non se lle escape nin unha. É unha fan potencial e imita o que lle gusta, pero non quere chamar a atención, faino para ela e coa ilusión de mellorar.

Alfil

É tímido e mooooi alérxico, sempre espirra cando menos convén: cando tenta pasar desapercibido, cando tenta falar, cando se concentra para facer o seu mellor número de circo… non pode evitalo! Moitas veces provoca as risas ou reproches dos seus compañeiros, pero el nunca se incomoda. Total, non paga a pena.

Peóns

Son moitos e toleiróns. Cando falan, fano a coro, aínda que sen a harmonía que podería esperarse. Pero tamén amosan unha gran xenerosidade e sempre tentan ser útiles (algo que conseguen en poucas ocasións…).

Cabalo

É tremendamente cándido. Tamén o máis pequeno do taboleiro, entusiasta, divertido e impulsivo. O que quere é enredar e que todo o mundo ao sei redor estea feliz. Moitas veces se equivoca por actuar antes de pensar e sorprende con ocorrencias inesperadas que causan risa. Sabe que moitas veces mete a pata, pero non é capaz de conterse. E ante as risas de quen o rodea nunca se cohibe, séntese querido e respectado, e está sempre disposto a axudar a Valentina en todo canto se propoña.

Rei e Raiña

Son as fichas máis solemnes do Xadrez, ese xogo co que Valentina e a Avoa poden pasar tardes enteiras cando a choiva impide saír ao parque. Son responsables e racionais. Cumpren a función de pais de Valentina cando está soñando. Saben máis do que din e anímana e axúdana a descubrir os seus potenciais por si mesma. Lideran o taboleiro de xadrez e tentan poñer algo de orde entre as súas caóticas e aloucadas pezas. Pero tamén son alegres e non dubidan en cantar e bailar coma o resto ou embarcarse en fantásticas aventuras para acompañar a Valentina. Son un binomio, moitas veces Rei remata a frase que comeza Raíña e viceversa. A súa palabra favorita é ‘naturalmente’.

Mamá e papá

Son, simplemente, Mamá e Papá. Queren o mellor para Valentina e quizais a protexeron sempre demasiado, pero cren nela e no seu potencial. Teñen medo a que sufra e non saben como contarlle que a Avoa marchou de viaxe… moi lonxe. Para a súa sorpresa, Valentina contaralles que a Avoa está moi feliz. E que ela xa é maior… Saberán acompañala?

Chiqui

É o mellor amigo de Valentina. Cando está triste, Valentina chámao cunha canción para que a console. Ela sabe que todo o mundo cre que é imaxinario, pero non levan razón… é que non lle cantan! É un pequeno rato mudo e xogueteiro, pero sobre todo comellón. Cre cegamente en Valentina e é capaz de facer calquera cousa para arrincarlle unha gargallada. É un pouco medorento, pero sinte que fai un equipo invencible a carón dela. A súa canción favorita é Es especial, mesmo se diría que está escrita para eles! Por iso sempre que a escoita aparece e ponse a bailar… ata que aparece un adulto e agocha!

A Avoa

Depréndelle todo a Valentina da maneira máis divertida: cantando. Non para de cantar! Considera que todo é posible se teimamos en acadalo. Soña con chegar a ser directora de orquestra e, de feito, conseguirao cando chegue a ”O País dos que Nunca Esquecemos”! Pero antes de marchar tentará transmitir a Valentina a súa filosofía de vida: todo é unha cuestión de actitude. Alegría, perseveranza —e moita paixón!— son as claves do éxito. O seu maior orgullo é ter deixado a Valentina un legado de xogos, ocorrencias e, sobre todo, de cancións.

Valentina

Soñadora, alegre, inocente. Ten síndrome de Down e iso faina sentir insegura. Coa Avoa ten unha relación moi especial, admíraa pola súa actitude vitalista, aínda que non sabería poñelo en palabras. A aventura que vai emprender fará que medre a todos os niveis, e comprobará que sabe e pode elixir as cousas que quere. Tamén que as persoas queridas teñen que marchar a cumprir os seus soños para que as demais poidan cumprir os seus. E que ter síndrome de Down é o que a fai ser quen é: unha nena feliz.

Ficha técnica

Título: Valentina

Xénero:  Aventura – Musical

Público: 3 a 7 anos – Familiar

Técnica: Animación 3D, 2D

Duración: 65 min

Ano de produción: 2021

Idiomas: Galego (V.O.) – Castelán

Dirección: Chelo Loureiro

Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro

Música: Nani García, Emilio Aragón

Deseño de persoaxes e fondos: David Pintor

Estudo de animación: Antaruxa

Voces: María Manuela, Andrés Suárez, Coke Couto, Uxía, Pilocha, Lúa Testa, Helga Méndez, Charo Pena

Produción executiva: Chelo Loureiro

Productoras: Abano Producións, Antaruxa, El Gatoverde Producións

Coa participación de: TVG, TVE

Co apoio de: ICAA, AGADIC (Xunta de Galicia)

Distribuidora de cine: Super8