Utilizamos cookies en nuestro sitio web para mejorar nuestros servicios mediante sus hábitos de navegación. Al hacer click en "Aceptar", usted acepta el uso de todas las cookies
Este sitio web usa cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el mismo. Las cookies clasificadas como necesarias, se almacenan en su navegador y son esenciales para el desarrollo de las funciones básicas del sitio web. Asimismo empleamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender como navega. Estas cookies se almacenan en su navegador con su consentimiento. También se pueden desactivar, aunque esto puede afectar a su experiencia de navegación.
Emilio Aragón
O seu indiscutible talento para chegar ao público infantil coas súas pegadizas melodías e divertidas letras volve a pórse de manifesto na canción que compuxo para a película: ES ESPECIAL. A súa capacidade de empatía coa infancia será sen dubida un valor engadido para que todo o mundo coñeza o aprendizaxe de Valentina.
Co-responsable da banda sonora orixinal de Unha muller fantástica, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa en 2017, e compositor da partitura dunha lista infinita de longametraxes, series de televisión, documentais e proxectos culturais premiados por todo o mundo, Nani García compuxo e dirixiu a partitura da música que levará a Valentina pola súa fantástica viaxe.
VALENTINA ten un deseño sinxelo e adecuado ao público preschool, pero coidado ata o mínimo detalle, cunha clara personalidade e chea de cor. O encargado de crear este mundo gráfico é David Pintor, ilustrador cunha longa lista de premios internacionais con máis de setenta libros publicados en varios idiomas. O artista foi capaz de reflectir a identidade e as características físicas da protagonista cos mínimos elementos e con unha carismática forza visual.
VALENTINA é a ópera prima como directora desta veterana produtora que durante décadas foi dando forma a proxectos de animación e imaxe real xunto a recoñecidos nomes como Miguelanxo Prado, Alberto Vázquez, José Saramago, Isabel Herguera, Jorge Coira e un longo etcétera. As súas producións, nas que a miúdo exerceu unha intensa labor creativa, acadaron gran cantidade de galardóns —incluídos varios premios e nominacións aos Goya— e así como en festivais de todo o mundo como Cannes, Locarno ou Annecy.
É moi curiosa, gústalle aprender e fíxase moito noutras persoas para que non se lle escape nin unha. É unha fan potencial e imita o que lle gusta, pero non quere chamar a atención, faino para ela e coa ilusión de mellorar.
Alfil
É tímido e mooooi alérxico, sempre espirra cando menos convén: cando tenta pasar desapercibido, cando tenta falar, cando se concentra para facer o seu mellor número de circo… non pode evitalo! Moitas veces provoca as risas ou reproches dos seus compañeiros, pero el nunca se incomoda. Total, non paga a pena.
Peóns
Son moitos e toleiróns. Cando falan, fano a coro, aínda que sen a harmonía que podería esperarse. Pero tamén amosan unha gran xenerosidade e sempre tentan ser útiles (algo que conseguen en poucas ocasións…).
Cabalo
É tremendamente cándido. Tamén o máis pequeno do taboleiro, entusiasta, divertido e impulsivo. O que quere é enredar e que todo o mundo ao sei redor estea feliz. Moitas veces se equivoca por actuar antes de pensar e sorprende con ocorrencias inesperadas que causan risa. Sabe que moitas veces mete a pata, pero non é capaz de conterse. E ante as risas de quen o rodea nunca se cohibe, séntese querido e respectado, e está sempre disposto a axudar a Valentina en todo canto se propoña.
Rei e Raiña
Son as fichas máis solemnes do Xadrez, ese xogo co que Valentina e a Avoa poden pasar tardes enteiras cando a choiva impide saír ao parque. Son responsables e racionais. Cumpren a función de pais de Valentina cando está soñando. Saben máis do que din e anímana e axúdana a descubrir os seus potenciais por si mesma. Lideran o taboleiro de xadrez e tentan poñer algo de orde entre as súas caóticas e aloucadas pezas. Pero tamén son alegres e non dubidan en cantar e bailar coma o resto ou embarcarse en fantásticas aventuras para acompañar a Valentina. Son un binomio, moitas veces Rei remata a frase que comeza Raíña e viceversa. A súa palabra favorita é ‘naturalmente’.
Mamá e papá
Son, simplemente, Mamá e Papá. Queren o mellor para Valentina e quizais a protexeron sempre demasiado, pero cren nela e no seu potencial. Teñen medo a que sufra e non saben como contarlle que a Avoa marchou de viaxe… moi lonxe. Para a súa sorpresa, Valentina contaralles que a Avoa está moi feliz. E que ela xa é maior… Saberán acompañala?
Chiqui
É o mellor amigo de Valentina. Cando está triste, Valentina chámao cunha canción para que a console. Ela sabe que todo o mundo cre que é imaxinario, pero non levan razón… é que non lle cantan! É un pequeno rato mudo e xogueteiro, pero sobre todo comellón. Cre cegamente en Valentina e é capaz de facer calquera cousa para arrincarlle unha gargallada. É un pouco medorento, pero sinte que fai un equipo invencible a carón dela. A súa canción favorita é Es especial, mesmo se diría que está escrita para eles! Por iso sempre que a escoita aparece e ponse a bailar… ata que aparece un adulto e agocha!
A Avoa
Depréndelle todo a Valentina da maneira máis divertida: cantando. Non para de cantar! Considera que todo é posible se teimamos en acadalo. Soña con chegar a ser directora de orquestra e, de feito, conseguirao cando chegue a ”O País dos que Nunca Esquecemos”! Pero antes de marchar tentará transmitir a Valentina a súa filosofía de vida: todo é unha cuestión de actitude. Alegría, perseveranza —e moita paixón!— son as claves do éxito. O seu maior orgullo é ter deixado a Valentina un legado de xogos, ocorrencias e, sobre todo, de cancións.
Valentina
Soñadora, alegre, inocente. Ten síndrome de Down e iso faina sentir insegura. Coa Avoa ten unha relación moi especial, admíraa pola súa actitude vitalista, aínda que non sabería poñelo en palabras. A aventura que vai emprender fará que medre a todos os niveis, e comprobará que sabe e pode elixir as cousas que quere. Tamén que as persoas queridas teñen que marchar a cumprir os seus soños para que as demais poidan cumprir os seus. E que ter síndrome de Down é o que a fai ser quen é: unha nena feliz.